Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O Concello continúa en San Martiño (Cerdedo) a renovación do alumeado con...

O Concello continúa en San Martiño (Cerdedo) a renovación do alumeado con luminarias LED de baixo consumo

- Anuncio -

• As novas tecnoloxías permiten un maior campo de visión ao tempo que se pretende reducir o gasto en enerxía eléctrica


O Concello de Cerdedo-Cotobade continúa no lugar de San Martiño (Cerdedo) co seu proceso de renovación do alumeado público no municipio a través da substitución das luminarias existentes en haloxenuro metálico por outras lámpadas de tecnoloxía LED máis acaídas coa filosofía adoptada polo equipo de goberno orientada cara a favorecer o coidado do medio ambiente a redución das emisións de CO2.

Esta actuación que están levando a cabo os operarios do Concello con material adquirido na compañía SETGA e contempla a susbstitución do cadro eléctrico existente por outro novo que permita interactuar co dispositivo lumínico, tres proxectores, oito farolas isabelinas e unha ducia de luminarias convencionais.

Nesta actuación o Concello mantén a estética das farolas isabelinas existentes no entorno da igrexa e do cemiterio adaptándoas ás novas tecnoloxías LED para mellorar a capacidade lumínica diminuíndo sensiblemente o consumo eléctrico e a emisión de CO2 á atmósfera.

O Concello está levando acabo paulatinamente toda unha serie de modernización e mellora do alumeado público en diversos lugares do municipios ben con fondos propios, como neste caso, ou coa participación de subvencións de organismos como o IDAE.

Así, recentemente, levouse a cabo tamén a renovación do alumeado público na travesía de Quireza, cun investimento total de 49.855,09 euros, dentro do convenio denominado “Iluminación exterior sostible IV” asinado coa Deputación Provincial e financiado ao 80% polos Fondos Feder a través da convocatoria de axudas a entidades locais para proxectos singulares que favorezan o paso a unha ecomomía baixa en carbono do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) no marco do programa operativo Feder de Crecemento sostible 2014-2020.

A mellora no aforro enerxético nesta actuación centrada na travesía de Quireza permite renovar 38 puntos de luz e contar cunha diminución no consumo que os técnicos fixan nun 49,41% de electricidade con respecto ás luminarias que viñan prestando o servizo no alumeado actual.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela, “estase emprendendo por convencimento e aforro, a substitución de vellas lámpadas máis contaminantes e de gran consumo por outras de tecnoloxía LED, máis ecolóxicas e que tamén nos permiten obter mellores resultados con
menos gasto económico para o Concello. Estamos moi concienciados da importancia de ir avanzando por este camiño ata que completemos toda a rede de alumeado público no noso concello”, indicou o rexedor.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas