HomeO MorrazoMarínO Concello contratará a 10 persoas beneficiaras dunha RISGA para traballos en...

O Concello contratará a 10 persoas beneficiaras dunha RISGA para traballos en obras públicas

- Anuncio -spot_img

Realizarase con cargo a unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade por valor de cerca de 147.000 euros e co obxectivo de fomentar a inserción laboral e social.

A Xunta de Goberno Local aprobou recentemente a contratación de 10 traballadores para creación dun servizo de apoio ás obras públicas do Concello. Estas persoas son actualmente beneficiarias dunha RISGA, polo que supón unha inserción laboral de carácter social para axudar á integración e á procura dun emprego.

Para a contratación destas persoas solicitarase unha subvención á Consellería de Emprego e Igualdade por valor de 146.061,90 euros, segundo informan fontes do Goberno local.

O obxectivo da integración social a través da contratación municipal está sempre presente para o Concello, que procura adherirse a este tipo de subvencións, así como incluir cláusulas de carácter social en pregos de contratación que serven de base para as licitacións públicas.

A isto súmaselle a colaboración que ten o Concello con entidades sociais de inserción, como por exemplo, a Fundación Juan XXIII.

Publicacións Relacionadas