- A nova localización será na rúa Maceiras deixando a actual localización libre para as novas instalacións deportivas
O Concello segue avanzando na nova localización do Punto Limpo da Guarda. Para iso, adquiriu uns terreos na rúa Maceiras, para poder comezar co traspaso do Punto Limpo a esta zona afastada de zonas deportivas e escolares.
O novo Punto Limpo permitirá aumentar a case o dobre a capacidade actual de tratamento de residuos. O obxectivo é mellorar a xestión dos residuos a nivel municipal.
Tamén se facilitará o acceso dos usuarios e usuarias ao Punto Limpo, xa que contará cun percorrido circular pechado para que os vehículos entren e saian de xeito ordenado e podan deixar os residuos dentro das instalacións.
Así, a actual localización do Punto Limpo quedará libre para comezar as obras das novas instalacións deportivas na zona da Sangriña.



