O Concello da Guarda conta con 5 novas biotrituradoras para o préstamo

adminON
Lectura mínima de 1
  • As máquinas poderanse solicitar para o seu uso durante unha semana

O Concello da Guarda conta con cinco novas biotrituradoras para pór a disposicións dos veciños e veciñas.

Con elas poderase triturar restos de xardín, ramas, follas, restos leñosos… para obter estruturante ou acolchado. As persoas interesadas xa as poden solicitar na sede electrónica ou no rexistro.

Unha vez feita a solicitude, o Concello porase en contacto co solicitante para acordar as datas do préstamo da biotrituradora que será de máximo de 7 días. Para máis información ou dúbidas medioambiente@aguarda.es .

Con esta iniciativa búscase reducir as queimas e, polo tanto, a emisión de CO2, así  como reducir os residuos, puidendo ser aproveitados para  a elaboración de acolchado ou estruturante.

As biotrituradoras conta coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Comparte este artigo