HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda continúa promovendo a compostaxe con charlas informativas

O Concello da Guarda continúa promovendo a compostaxe con charlas informativas

- Anuncio -spot_img
  • A charla será o xoves 15 ás 19:00h na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos

O Concello da Guarda continúa co seu obxectivo de mellorar o aproveitamento dos recursos e a separación e xestión de residuos. Por iso, este xoves 15 de xaneiro, ás 19:00h haberá unha charla sobre a compostaxe na Casa da da Entidade Local Menor de Camposancos.

A charla axudará aos veciños e veciñas que solicitaron un composteiro a coñecer mellor a súa función e uso, mais tamén está aberta a toda persoa que teña un composteiro ou queira saber máis sobre a compostaxe e reciclaxe en xeral.

O obxectivo é reciclar a materia orgánica para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que reducen os custos asociados. Deste xeito apóstase pola economía circular ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos e lixo e a minorar as emisións de CO2 á atmosfera.

Mentres tanto, o Concello da Guarda segue a repartir composteiros de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas. As persoas interesadas en obter un composteiro, poden solicitalo a través de medioambiente@aguarda.es ou no 986 61 00 00.

Publicacións Relacionadas