Home Baixo Miño A Guarda O concello da Guarda formaliza a súa adhesión ao sistema Vioxén

O concello da Guarda formaliza a súa adhesión ao sistema Vioxén

- Anuncio -

• Concello da Guarda materializa así o seu compromiso coa erradicación da violencia machista e coa protección das vítimas de Violencia de Xénero.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu o pasado xoves, día 12 de maio, a Xunta Local de Seguridade do Concello da Guarda na que se subscribiu o protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero.

Este protocolo de colaboración é necesario para formalizar a adhesión do municipio ao Sistema VIOXÉN. O documento foi asinado polo alcalde da localidade, Antonio Lomba, e polo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal.

O Concello da Guarda, coa sinatura deste Protocolo materializa así o seu compromiso coa erradicación da violencia machista e coa protección das vítimas de Violencia de Xénero sumándose así aos restantes concellos da provincia que xa forman deste sistema.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas