Home Baixo Miño A Guarda O Concello da Guarda presentou a asociacións e entidades as actuacións aprobadas...

O Concello da Guarda presentou a asociacións e entidades as actuacións aprobadas no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino

- Anuncio -

• O Plan de Sostibilidade Turística en Destino do concello da Guarda inclúe 12 actuacións de gran impacto que repercutirán na modernización e na imaxe turística da Vila.


• O concello da Guarda informa dos pormenores do PSTD as entidades e asociacións que asinaron as cartas de apoio.

O concello da Guarda consegue sacar adiante o “Plan de Sostibilidade Turística en Destino” (PSTD) presentado á convocatoria extraordinaria do ano 2022 que xiraba en torno a enogastronomía.

A candidatura presentada inclúe 12 actuacións de gran impacto no Monte Santa Trega, praia do Muíño, mobilidade, dixitalización do turismo e outras máis especificas como gastronomía, fío condutor do programa desta convocatoria.

Para a elaboración desta candidatura organizouse unha mesa de traballo e realizáronse enquisas, accións necesarias para definir unha candidatura completa, realista e o máis axustada aos criterios marcados polo propio programa.

Na mesa de traballo participaron 12 representantes do tecido empresarial e social da Guarda como empresas de aloxamento, hostalaría, asociacións culturais e deportivas, comunidades de montes,… A candidatura contou cunha memoria de participación que incluía tamén as cartas de apoio destas entidades. A diversidade na participación foi valorada positivamente polo comité do programa.

O alcalde, Antonio Lomba, xunto co departamento de turismo, convocou á mesa para informar e agradecer o apoio das asociacións e entidades participantes a este proxecto. Expuxo o PSTD definitivo que obtivo a aprobación das administracións autonómica e central.

Nesta breve reunión informouse que o orzamento da candidatura superaba os 1,7 millóns de € pero a Xunta de Galicia trasladou que o proxecto tiña que ser reducido a 1 millón de € para ser valorado polo Comité. Esta redución supuxo que certas actuacións fosen reducidas ou alteradas do proxecto inicial.

A pesar da redución do orzamento, o proxecto aprobado mantén actuacións ambiciosas que suporán unha transformación para a nosa vila. Estes fondos europeos deben executarse en tres anos rematando o prazo no 2025.

En definitiva, esta reunión tiña o obxectivo de informar das modificacións sufridas polo proxecto orixinal e tamén de seguir facendo partícipes do proxecto as asociacións e entidades que lle deron o seu apoio.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas