Home Baixo Miño A Guarda O Concello da Guarda propón á Asociación de Redeiras do Baixo Miño...

O Concello da Guarda propón á Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia á candidatura da Medalla Emilia Pardo Bazán

- Anuncio -

A concesión desta medalla recoñecería non só os logros das Redeiras da Guarda, senón tamén a figura da muller do mar, porque os seus rostros son tamén os de todas aquelas mulleres, traballadoras e loitadoras incansables, que desde sempre estiveron aquí e alá, invisibles, pero indispensables.

As Medallas Emilia Pardo Bazán constitúen unha iniciativa que a Xunta de Galicia creou en 2019 para recoñecer publicamente ás persoas, entidades e institucións que traballan en favor da igualdade efectiva, e o obxectivo das mesmas á visibilizar os talentos, e potenciar a visibilización social daqueles que están comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.

A Asociación Atalaia nace en 2005 con obxectivos moi claros: Erradicar o furtivismo, acadar a profesionalización do seu oficio e lograr un salario xusto e equiparado ao dos homes redeiros.

Toda a loita que veñen desenvolvendo ata a actualidade xa deu os seus froitos e é algo do que están moi orgullosas, porque a día de hoxe poden dicir que o seu oficio é menos “invisible”, xa esta recoñecido profesionalmente, cotizan para a súa xubilación, acadaron mellores condicións de traballo, agora son elas as que deciden os prezos polos que traballan, poden levar á casa ingresos dignos (e non un mero complemento ao soldo do marido, como pasaba antes), e teñen máis carga de traballo da que poden asumir, polo que o seu posto de traballo, de momento, está asegurado.

Como mulleres loitadoras que son non deixaron nunca de pelexar polo que cren xusto, e aínda que se está lonxe de acabar co furtivismo ou chegar a esa equiparación laboral e salarial cos homes do seu sector, elas non cesan no seu empeño, e a día de hoxe teñen dentro da súa lista de obxectivos algúns máis como son que se lles aplique o coeficiente redutor do mar a efectos de xubilación, o recoñecemento das enfermidades laborais que lles afectan, e sobre todo conseguir que o seu oficio se perpetúe e siga vivo nas vindeiras xeracións.

Por todo isto, e por moitos outros méritos máis, consideramos xustas merecedoras desta distinción ás mulleres que forman parte da Asociación de redeiras Atalaia, esperando que a valoración do xurado sexa moi positiva.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas