O Concello da Guarda conta cun novo camión para realizar traballos eléctricos. Con esta adquisición continúa a renovación do parque automobilístico do Concello para ofrecer mellores servizos á cidadanía.
Neste caso, trátase dun camión para facilitar os traballos relacionados coa electricidade, preparándose para a época onde o alumeamento público pode sufrir máis danos polos efectos meteorolóxicos e cando se reducen as horas de luz solar.



