Home O Salnés A Illa de Arousa O concello da Illa de Arousa reforzará a súa plantilla con 10...

O concello da Illa de Arousa reforzará a súa plantilla con 10 profesionais en distintas áreas

- Anuncio -

As contratación terán unha duración de 6 meses e fanse a través dunha subvención de 98.816 euros da Deputación Provincial

O Concello da Illa de Arousa reforzará a súa plantilla coa incorporación dun total de 10 profesionais en diferentes áreas que prestarán os seus servizos durante un periodo de 6 meses e cunha xornada de 8 horas diarias.

Este reforzo terá un coste de 106.943 euros dos que a Deputación Provincial aportará 98.816,73 euros a través do Plan para a Activación do Emprego polo que o desembolso para a administración local será de 8.127 euros.

O persoal a incorporar serán 8 operarios para o departamento de Servizos, un guía turístico e un auxiliar administrativo que serán seleccionados a través da Oficina de Emprego polo que o Concello anima ás persoas interesadas en participar no proceso a demandalo a través do da devandita oficina.

“Estas incorporacións son claves para nós porque coa chegada do bo tempo desde a Concellalía de Servizos se incrementan os traballos de mantemento en sendas e viais; e hai moitísimas pequenas obras que nós facemos con persoal municipal para abaratar e esta axuda resulta clave”. Para Luis Arosa, concelleiro de Servizos, é tamén fundamental contar cun profesional do turismo que contribúa a difusión dos recursos turísticos do municipio de xeito sustentable e un auxiliar administrativo que apoie o departamento municipal.

Resposta á Xunta

Luis Arosa contrapón as achegas que recibe A Illa da Deputación cos investimentos dos que presume a Xunta cada vez que algún responsable autonómico pisa o municipio e que son intanxibles.

“Portos chegou decindo que investiran 40.000 euros no Cantiño que non se ven por ningunha parte; agora do delegado provincial ven ver o valado das dunas e di que investiron 600.000 euros nos últimos anos. Coas cousas que foron capaces de detallar non xustifican nin a metade deses cartos. Eu pediríalles máis claridade, que lle expliquen á veciñanza donde están eses 600.000 euros e que aclaren tamén en cantos anos os investiron porque si se remontan a hai 25 anos ao mellor as contas si que dan”. Luis Arosa pídelle aos responsables autonómicos que se preocupen de solventar cuestións importantes para a cidadanía da Arousa, como a inclusión da alegación na que se pide o recoñecemento da singularidade na Lei de Ordenación do Litoral ou a renovación de infraestruturas autonómicas obsoletas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas