Home Pontevedra A Lama O concello da Lama acomete o ornato e limpeza das súas principais...

O concello da Lama acomete o ornato e limpeza das súas principais prazas con motivo da Festa do Codillo

- Anuncio -

Na Alameda substituíronse varias árbores vellas que ameazaban derrube e colocáronse plantas coloristas de tempada en maceteiros, xardíns e rotondas.

O Concello da Lama está acometendo estes días un proceso de ornato e limpeza en profundidade das súas principais prazas e espazos de convivencia veciñal para telos en perfecto estado e coa mellor imaxe posible para a celebración da XX Festa do Codillo que volve a converterse en cita obrigada na comarca para os amantes da boa gastronomía.

A intención do Concello da Lama é manter este tipo de ornamento floral ao longo do tempo e que non sexa so para as celebracións festivas do véran.

Operarios municipais están procedendo a realizar un baldeado e desinfección da Alameda onde locen xa as novas árbores que substitúen ás que houbo que retirar porque tiñan problemas de estabilidade e podredume e ameazaban con desplomarse en calquera momento.

Esas árbores foron reemprazadas por outras novas de porte e sombra axeitada para darlle maior realce e servizo á Alameda que acollerá o vindeiro domingo 22 de maio a XX Festa do Codillo da Lama, recuperando así a normalidade.

O tenente de alcalde, David Carrera, supervisou os últimos detalles da brigada de obras e xardineiría que están acometendo estes traballos non so na Alameda e na Praza da Pedreira senón tamén na rotonda da Carambola onde foron ubicadas plantas ornamentais da familias das surfíneas tanto en maceteiros como en zonas verdes e axardinadas existentes en varios lugares da vila.

CAUSAR UNHA BOA IMAXE AOS CENTOS DE VISITANTES

Carrera sinalou que “agardamos a visita de centos de persoas con motivo da Festa do Codillo e queremos darlle unha volta e ofrecer a mellor imaxe aos que nos visitan para que se leven unha boa impresión e que regresen cando queiran a disfrutar non so da nosa gastronomía nos establecementos da hostalería en todo o municipio senón tamén das paisaxes, dos nosos ríos, praias fluviais, etc. agora que se abre a tempada de lecer co bo tempo, o sol e a chegada dos meses estivais e o retorno dos nosos emigrantes”, indicou o tenente de alcalde.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas