HomePontevedraA LamaO concello da Lama conmemorará o 8-M coa lectura dun manifesto reivindicativo...

O concello da Lama conmemorará o 8-M coa lectura dun manifesto reivindicativo e con varios obradoiros no alumnado do colexio

- Anuncio -spot_img

Estas actividades preventivas para fomentar a igualdade contan cunha subvención subvención da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero de 1.966,37 euros

O Concello da Lama conmemorarou hoxe o 8-M, Día Internacional da Muller, coa lectura dun manifesto reivindicativo no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 12 do mediodía, a cargo da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Trinidad Fernández Ourbiña e a posta en marcha de varios obradoiros para o alumnado de 1º a 6º de Primaria do colexio relacionados cos estereotipos de xénero, igualdade no traballo e nas tarefas do fogar.

A lectura do manifesto contou coa presenza do alcalde, David Carrera, así como coas responsables do Centro de Información á Muller (CIM), Adriana Fontaíña e Galiza Aguete, así como coa xuiza de Paz, Mercedes Fernández, e traballadoras do FORGA que realizan prácticas  no Concello.

A concelleira Trinidad Fernández insistiu na lectura do manifesto, na importancia das mulleres no mundo rural “que teñen un papel fundamental no desenvolvemento de actuacións relacionadas coa loita contra a despoboación e o reto demográfico” e avogou por promover a participación activa das mulleres na vida política e social local, mediante accións de sensibilización, capacitación e fomento do liderado feminino “que permitan acadar a paridade nas corporacións municipais e nas alcaldías”.

Ademais, insistiu, “en aplicar medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidades no emprego, promovendo a participación equitativa das mulleres en todos os niveis e sectores laborais e impulsar campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, dando apoio integral ás mulleres vítimas e traballando na erradicación da violencia machista”.

Por outra banda, desenvolvéronse distintos obradoiros co alumnado do CEIP da Lama con visión de xénero, afondando na finalidade do desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. De feito, estas actividades contan cunha subvención da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero de 1.966,37 euros.

Publicacións Relacionadas