O dispositivo coordinado polo tenente de alcalde David Carrera coordina operativos con Protección Civil e Servizos Sociais para prover de mediciñas e alimentos de primeira necesidade a persoas afectadas pola Covid-19
O Concello da Lama acaba de publicar un Bando asinado polo alcalde, Jorge Canda, no que lle recorda á veciñanza que segue en vigor e en pleno funcionamento o dispositivo solidario posto en marcha cando se decretou o primeiro Estado de Alarma en España ao fronte do cal está o tenente de alcalde David Carrera para coordinar a asistencia a persoas en cuarentena, con problemas de mobilidade, etc. que precisan de mediciñas ou de acceso a alimenotos de primeira necesidade.
Agora que A Lama vai a entrar no nivel máximo de restricións polo aumento de casos positivos da pandemia da Covid-19, o Concello volve a recordarlle á cidadanía que está a disposición da veciñanza do teléfono 986 76 82 38 para atender calquera circunstancia de carácter social e persoal que poida vir derivada da nova situación decretada polas autoridades sanitarias.
Por outra banda, e tal e como se recolle na normativa sanitaria vixente para toda España e determinado polo Estado de Alarma vixente no país, as oficinas municipais deixarán de atender ao público e a atención á cidadanía será telefónica ou a través da sede electrónica [dirección https://concellodalama.sedeelectronica.es]. A atención presencial á cidadanía limitarase aos casos urxentes e de extrema necesidade, debidamente xustificados, previa cita co departamento pertinente para o cal se habilita o teléfono 986 76 82 38.
David Carrera mantén un estreito contacto de coordinación cos Servizos Sociais e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea para reforzar estes días os dispositivos de atención cidadá que foran necesarios e lembran a calquera persoa que precise de asistencia, axuda e atención que non dubide en poñerse en contacto co teléfono 986 76 82 38 para ser incluída nos operativos trazados desde o Concello da Lama.