Home Pontevedra A Lama O concello da Lama rematará o seu ambicioso programa de Nadal cunha...

O concello da Lama rematará o seu ambicioso programa de Nadal cunha Cabalgata na que os Reis chegarán en calexa acompañados por unha “Butaca Real””

- Anuncio -

• O alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya presentaron as actividades deseñadas para persoas de todas as idades nas que estará presente Papá Noel, música, teatro, cine e obradoiros para todos os gustos

O alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya, presentaron o programa de actividades que o Concello da Lama porá en marcha este Nadal, coordinado pola Oficina de Información Xuvenil (OMIX), para facilitar a conciliación laboral e familiar no que haberá obradoiros, música, espectáculos infantís, unha saída a Pontevedra para que os cativos poidan participar nas atracción do Recinto Feiral, un concerto solidario de Nadal e unha cabalgata de Reis Magos acompañada por unha “batucada real”.

Así, este sábado 16 de decembro, ás 19 horas, chegará ao Multiusos da Lama a obra de teatro “Ladrón de risas”, de Expresión Producións, dentro do programa “Tornar ás táboas”, que impulsa en colaboración cos concellos a Deputación de Pontevedra.

Ademais de poñer en marcha unha nova edición do programa Concilia Nadal en colaboración coa ANPA Cal do Vergazo, o Concello da Lama traerá, en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, o 21 de decembro ata o Colexio a Papá Noel que repartirá agasallos e caramelos entre os cativos. A continuación, a caravana de Papá Noel contribuirá a dinamizar o comercio local paseando pola vila e animando o Nadal aos veciños e veciñas da Lama.

O sábado 23 de decembro celebrarase un obradoiro de decoración floral especialmente pensado para adornar as portas e fogares en Nadal e será impartido de 11:30 a 13:30 horas no edificio da antiga Escola-Obradoiro de Emprego. Será gratuíto e está pensado para que asistan tanto nenos e nenas como adultos.

O 26 de decembro e o 3 de xaneiro tocaralle o turno ao Nadal de Cine coa proxección no Multiusos das películas “Os Minions-A orixe de Gru” e “Tadeo Jones 3”, respectivamente, que se proxectarán ás 17:30 horas.

O 27 de decembro haberá un espectáculo de maxia ás 17:30 horas no Multiusos, baixo o título de “Ilusiónate” mentras que o sábado 30 de decembro terá lugar unha actividade pensada para toda a familia: “Contos á luz das estrelas”.

O Concello organiza, en colaboración coa ANPA, para o venres 29 de decembro unha viaxe gratuíta para nenos e nenas da Lama a Pontevedra para participar nas actividades recreativas instaladas no Recinto Feiral. O autobús sairá ás 16 horas desde as inmediacións da Casa Consistorial da Lama.

O martes 2 de xaneiro, os Carteiros Reais percorrerán todas e cada unha das parroquias do municipio para recoller as cartas escritas polos máis cativos da casa facendo unha pequena parada e amosando un espectáculo de rúa. As cartas serán recollidas nunha urna especial para logo seren entregadas ás Súas Maxestades Os Reis Magos.

O xoves 4 de xaneiro terá lugar o “Concerto Solidario de Nadal”, que contará con agrupacións musicais vencelladas co concello como Os Catro Ventos e a Banda de Música Municipal da Lama. Esta actividade terá lugar ás 20 horas no salón de actos do CEIP da Lama ao que se poderá acceder previo depósito dun quilo de alimentos non perecedeiros que serán entregados aos Servizos Sociais do Concello para seren repartidos entre as familias máis vulnerables do municipio. Ao remate, terá lugar unha chocolatada popular gratuíta entre os asistentes.

Este amplo e completo programa de Nadal rematará o 5 de xaneiro coa celebración da Gran Cabalgata de Reis que terá lugar a partir das 17:30 horas polas rúas do centro da Lama e estará acompañada por unha “Batucada Real” que acompañará ás Súas Maxestades que chegarán á Lama subidos nunha suntuosa calexa tirada por cabalos. Despois de percorrer as principais rúas do centro da Lama, as Súas Maxestades ofrecerán ao público unha audiencia real no Multiusos da Lama. Os asistentes, ademais de deixarlle as cartas e as últimas peticións aos Reis Magos poderán levarse gratuitamente unha fotografía de recordo nun posado cos Reis Magos.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas