Os interesados en concurrir a esta contratación deberán presentar a solicitude e a documentación antes do 8 de setembro
O alcalde da Lama, Jorge Canda, recordou aos emprendedores que as tres naves en alugueiro do Viveiro de Empresas do Polígono Industrial de Racelo están a exposición pública e o periodo de presentar solicitude e documentación remata o vindeiro xoves 8 de setembro.
Estas naves saen a concurso na súa modalidade de alugueiro por un ano prorrogable a outro ano máis como máximo e está orientada a empresas e iniciativas empresariais de recente creación para axudalas na súa implantación e desenvolvemento.
Para o caso de utilización e aproveitamento dos diferentes espazos de traballo do Viveiro de Empresas do Parque Empresarial de Racelo, as empresas que resulten adxudicatarias das naves e espazos de traballo deberán abonar, en concepto de alugueiro mensual, no caso da Nave 1, de 144,40 m2 , un total de 216,60 €/mes; para a Nave 2, de 71,61 m2, un total de 143,22 €/mes; para a Nave 3, de 71,55 m2, un montante de 143,10 €/mes. Finalmente, a Oficina 1, de 22,36 m2, terá que abonar 89,44 €/mes.
No caso de ter que utilizar os locais de uso común, como a Sala de Reunións/Aula de Formación as tarifas por persoa ou entidade é de 6,00 €/hora.
En todo caso, ao importe das tarifas establecidas aplicaráselles o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) correspondente de acordo coa lexislación vixente.
O Viveiro de Empresas está situado nunha nave do Parque Empresarial de Racelo cunha superficie construída de 508,33 m2 e disposto en tres naves, unha oficina, sala de reunións/aula de formación, unha oficina para a administración e a xestión do centro, aseos e vestiarios.
O Viveiro de Empresas ofrecerá tamén aseos, vestiarios, subministro de calefacción e internet na sala de reunións/aula de formación, limpeza, mantemento e conservación das áreas e servizos comúns do centro, sala de formación, sala de reunións, información e asesoramento empresarial, información sobre programas de axudas e subvencións e orientación ao emprendemento.
Para máis información sobre os trámites e documentación a presentar haise que dirixirse ao Perfil do Contrante do Concello da Lama no seguinte enderezo dixital:
https://concellodalama.sedelectronica.es/?x=Dx7-0jXpRcnqS*6AJP3ZRw