Home Pontevedra A Lama O concello da Lama volve a contar cunha banda de música que...

O concello da Lama volve a contar cunha banda de música que será presentada este domingo cun concerto na Alameda

- Anuncio -

Nace con 33 compoñentes e estará dirixido por Juan Alén Castro. Inspirarase no pensamento e na formación musical do grande músico de Antas Hixinio Cambeses a quen lle rinden homenaxe

O Concello da Lama anuncia para este domingo 10 outubro o concerto de presentación da nova Banda de Música Municipal da Lama composta por máis de 30 membros e dirixida por Juan Alén Castro, músico veciño de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes).

Coa posta en marcha desta agrupación musical recupérase a tradición bandista na Lama onde os veciños e veciñas do municipio gardan lembranzas das antigas Bandas de Música como a “Celta” de Antas e do prestixioso músico e compositor lamense Hixinio Cambeses.

Precisamente unha das obras compostas por Hixinio Cambeses, “A noite do Santo Cristo” inspira o logotipo da nova agrupación musical que ademais de ter representado o escudo da Lama e unha lira tamén recolle sobre nun pentagrama a primeira estrofa desa vella composición do mestre de Antas.

Un acordo entre un grupo de músicos da contorna e o Concello da Lama permite agora recuperar esa tradición coa posta en marcha da Banda de Música Municipal da Lama a través dun convenio que permitirá a esta agrupación ensaiar e dispoñer da axuda, da cobertura e dos recursos municipais ao tempo que levará o nome da Lama polos distintos lugares de Galicia a través da música dos seus concertos.

Segundo o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, “é un fito longamente desexado pola nosa veciñanza que agora convértese en realidade. Ese é o primeiro paso para ir recuperando, pouco a pouco, a afeción da Lama polas bandas e a súa música. Esperamos tamén que esto sexa o xérmolo formativo das novas xeracións interesadas no mundo da música e que terán nesta Banda de Música Municipal da Lama un elemento fundamental para apoiar a súa formación e animar aos máis novos a seguir os pasos dos grandes músicos que tivo A Lama como foron D. Hixinio Cambeses, os irmáns D. Benigno e D. Luciano Ogando e D. José Sanjurjo, de Antas, D. Laureano Ventín, de Gaxate; D. Albino Martínez, de Fornelos, ou Don Roxelio, o ilustre e benquerido cura de Xende”, indicou o concelleiro.

ESTA BANDA DE MÚSICA, HOMENAXE VIVA A HIXINIO CAMBESES

O responsable de Cultura do Concello, Daniel Vidal, salientou tamén o compromiso desta Banda coa formación e a educación musical que tentarán extender nun futuro próximo á mocidade “seguindo os pasos e a inspiración de Hixinio Cambeses quen supuxo un enorme orgullo para os veciños e veciñas da Lama. Esta Banda vén representar unha homenaxe viva a Hixinio Cambeses no 120 aniversario do seu nacemento, que non se pudo conmemorar como é debido por mor da pandemia o pasado ano e que agora recuperar a súa razón de ser co nacemento da Banda de Música Municipal da Lama, que seguro sería un soño tamén para el”, concluiu Vidal.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas