O goberno local quere saber en que se invertiron os 40.000 euros que o ente local di ter destinado a unha infraestrutura na que non acometeu nin as tarefas mínimas de limpeza
O Concello de A Illa remitiu un novo escrito a Portos de Galicia tralo desplome dunha parte do Paseo do Cantiño no que volve esixir responsabilidades ao ente autonómico sobre o acusado deterioro dunha infraestrutura “abandonada pola Xunta de Galicia desde hai anos”.
A principios de decembro o Concello xa solicitara a Portos unha actuación global no Paseo alertando dos efectos que a erosión causara na cimentación, sen obter resposta algunha. En plenas vacacións escolares de Nadal o Concello alertou da aparición dunha fenda que levou a Portos a colocar unha cinta de precinto para disuadir aos usuarios do uso do Paseo tan só unhas horas antes de que este se desplomara. Todo elo sen que a presidenta de Portos ou algún técnico do ente autonómico se dirixira ao Concello para facilitar información sobre as actuacións previstas.
Ao goberno local gustaríalle saber, por exemplo, en que gastou Portos os 40.000 euros que públicamente afirmou ter invertido no Paseo do Cantiño, cando nos últimos anos as actuacións nesa infraestrutura “foron inexistentes e inapreciables”. Insisten desde o goberno de A Illa en que Portos de Galicia non realizou tampouco as tarefas de limpeza e reposición dos desperfectos que se acumulan no Paseo e que lle foron solicitadas en reiteradas ocasións.
Por elo, o goberno local pon en dúbida o recente anuncio de Portos de Galicia dunha actuación no Paseo do Cantiño. “Din que gastaron 40.000 euros que non se ven por ningunha parte; din que mandaron operarios ao Paseo nunha actuación que se extendía ata principios de xaneiro e o Paseo está cada día peor; e agora di que van mandar técnicos para estudar as carencias. Se non é unha tomadura de pelo, ben o parece”. O goberno local aposta inicialmente pola vía do diálogo con Portos co obxectivo de consensuar unha actuación global da envergadura que precisa esta infraestrutura. Para elo, remitirá escritos a Portos de Galicia ata que se fixe a data dunha reunión que axende as conversas entra ambas administracións.
O goberno local recorda que estamos casi ás portas da Semana Santa e que na Illa non están dispostos a encarar un periodo turístico “co Paseo nese estado e sin ter unha solución sobre a mesa”.



