• O Concello de Arbo, levará a cabo a remodelación de 3 parques infantís en diferentes barrios do municipio, cun orzamento total de 41.176,70 euros, cofinanciadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación por importe de 28.823,69 €, sendo os restantes 12.353,01 € asumidos polo Concello con cargo a recursos propios previstos na aplicación orzamentaria 171.625 do orzamento definitivo cara o exercicio 2022 aprobado por acordo pleno de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022.
• As obras veñen dadas polo desgaste causado polo paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado destas instalacións que son a causa de que moitos non estean en condicións, unha situación que se quere emendar con este contrato.
Unha vez detectada polo Concello a necesidade de levar a cabo a mellora e posta en valor das areas recreativas e parques infantis dos que dispón o Concello e dado o interese que isto supón para os veciños e veciñas deste municipio, contemplase a mellora dos parques infantis sitos na Praza da Feira na parroquia de Sela e o parque infantil de Turbela sito en Arbo, así como a creación dun parque de biosaludables na Granxa na parrqouia de Sela.
O alcalde do Concello de Arbo manifesta que se trata de levar a cabo ditas actuacións de intervención para recuperar a funcionalidade, preservar e conservar as referidas instalacións, mantendo a imaxe e conservación do patrimonio municipal, mellorando así o servizo á cidadanía e a calidade do mesmo, dado o deterioro no que se atopan actualmente e o perigo que supoñen para os usuarios dos mesmos, e dotando dos servizos adecuados aos referidos espazos públicos existentes, nalgúns casos dado polo desgaste causado polo paso do tempo e, noutros, o uso inapropiado destas instalacións que son a causa de que moitos non estean en condicións, unha situación que se quere emendar con este contrato e coa creación do Parque de biosaludables na parroquia de Sela, dase resposta a unha demanda dos veciños e veciñas do barrio de A Granxa en Sela.
Cun orzamento de 16.680 euros subvencionado pola Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Arbo no ano 2020 arrombou e mellorou o parque de Turbela e outros espazos públicos do municipio. No parque de Turbela as obras consistiron no acondicionamento do asador e a retirada dun almacén, o que permite gozar con maior seguridade da contorna.
ACTUACIÓNS
Mellora do Parque Infantil na Feira na parroquia de Sela.
Tratase dun parque infantil, sito na Praza da Feira na parroquia de Sela. A intervención ten como única pretensión o renovar os elementos existentes e dotalos de novas instalacións: Levantamento de xogos existentes e o pavimento de caucho deteriorado, impermeabilización de forxado e posterior protección con soleira de formigón armada, recollida e condución das augas pluviais, instalación de novo tobogán e pavimento de caucho e colocación de varanda de tubo de aceiro inox en suplemento de parámetros verticais de fábrica de pedra ata unha altura de 1,10 m. Mellora do Parque Infantil na Area Recreativa de Turbela en Arbo Tratase dun parque infantil situado no casco de Arbo, no barrio de Turbela. Nel existen unha serie de xogos infantís, os cales, co paso do tempo deterioráronse e en algún caso volvéronse impracticables para o uso dos nenos manténdose outros en bo estado de conservación. A intervención consiste no levantamento dos xogos existentes e os seus elementos de apoio, limpeza da zona delimitada do parque e entorno, instalación de novos xogos e bases de anclaxe e subministro estendido e compactado de area como pavimento final
Creación de Parque Biosaludable na Granxa na parroquia de Sela Trátase dun parque de biosaudables, sito en Sela, no barrio de Portela a Granxa. A intervención ten como única pretensión crear un parque biosaludable con elementos para a mellora física, mellora da mobilidade, desenvolvemento de forza e flexibilidade, aumentar a axilidade e fortalecer os musculos.
Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo mellorar o servizo e a seguridade da cidadanía e a calidade do mesmo



