Home Pontevedra A Paradanta O concello de Arbo, aproba dous plans de despregue de fibra optica

O concello de Arbo, aproba dous plans de despregue de fibra optica

- Anuncio -

• Os plans de despregue foron presentados polas empresas Telefonica e Vento Verde e contan cos informes técnico favorables


Os plans presentados aos concello de Arbo, polas empresas Telefónica e Vento verde, que contan cos informes técnicos favorables, queren poñer ao municipio de Arbo na vanguardia das telecomunicación co obxetivo de facer chegar as últimas tecnoloxías aos arbenses. Para elo vaise despregar unha rede de telecomunicacións de última xeración, de maneira que se fara chegar a fibra óptica, no vindeiro ano ata as vivendas dos usuarios.


Coa instalación da mencionada fibra óptica o que se pretende outorgar aos veciños e veciñas de Arbo, as vantaxes que este servizo ofrece como poden ser con maior seguridade e velocidade na transmisión de datos e navegación a alta velocidade – explica o rexedor de Arbo – Horacio Gil.


A presentación do plan de despregamento ofrece así á operador axilidade e eficiencia na instalación de redes e, ao mesmo tempo, representa unha ferramenta fundamental para os Concellos á hora de asegurarse de que os intereses das operadoras non prexudican aos intereses urbanísticos do municipio, e de que as infraestruturas se sitúan nos lugares correctos e instálanse de forma adecuada.


Os plans que se presentados ao Consistorio contemplan en que supostos van efectuar despregamentos de cables e equipos por fachadas ou aéreos, e haberán de respectar as condicións técnicas esixidas para despregamentos.


O alcalde, Horacio Gil, expresa a súa satisfación pola aprobación deste proxecto xa que despois de tanto reclamo por parte desta administración “darase aos veciños e veciñas de Arbo, un servizo moi demandado e estas son melloras imprescindibles nos tempos nos que vivimos xa que practicamente podemos facer todo por internet.


Nas vindeiras semanas o rexedor manterá unha reunión con responsables das empresas para acadar un resultado a curto prazo para a instalación da fibra óptica.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas