O Concello de Arbo novamente, ofrece servizo gratuito de taxis para os arbenses que o precisen.
Os usuarios que o precisen poderan utilizar o servizo de taxi gratuito, asumindo o custo das viaxes o Concello de Arbo, con cargo os seus orzamentos.
Dende o inicio da crise provocada pola emerxencia sanitaria do Coronavirus no mes de mazo, o goberno de Arbo, puxo todas as medidas ao alcance dos veciños e veciñas, para dar resposta a todos os colectivos e para que ningún arbense sufrira a consecuencia de esta extraordinaria crise sanitaria e social.
Dada a grave situación sanitaria que se esta a producir no Concello de Arbo por mor do COVIID-19, o concello de Arbo, solicita unha vez máis a máxima colaboración de toda a veciñanza evitando os desprazamentos innecesarios, polo ofrece aos veciños e veciñas de Arbo que teñan máis de 70 anos ou que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade que os/as taxistas de Arbo están dispoñibles de maneira GRATUITA, para realizarlles a compra nos supermercados, nas farmacias, o comercio local de Arbo en xeral, ir o banco ….. así como calquer outro servicio necesario e levarllo as súa vivendas, sendo os gastos do servizo asumido polo Concello de Arbo con cargo os seus orzamentos.
Esta foi unha das medidas que xa puxo en marcha o concello de Arbo, no mes de marzo e que dada a situación actual volve a poñer en servicio.
O Concello de Arbo, tamen habilitou un servizo de apoio para que se algún veciño ou veciña ten algunha necesidade de asistencia ou é coñecedor de situacións que a precisen, pódense comunicar ao teléfono 986 66 50 00 de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00horas. Fora do horario de oficinas en situación de emerxencia pódese comunicar ao teléfono 606279521 (Alcalde)
Dende un primeiro momento dende o comezo da crise sanitaria, o Concello de Arbo, ven prestando axuda ao comercio e empresas, coa entrega de material epi, pantallas protectoras, xel, luvas, mascarallas reutilizables, información, promoción en medios de comunicación…..informa o alcalde Horacio Gil – Entre todas as medidas adoptadas, o Concello de Arbo, seguiu priorizando as compras no comercio de Arbo e a contratación de obras e servizo ás empresas de Arbo, o que supuxo unha inversión de 500,000 euros na economía local. Axudas que se seguirán mantendo, así como todas aquelas que permitindo a lei e a normativa poda afrontar o goberno local. O Concello fará todo o posible por axudar a todos os sectores, así como para dinamizar a actividade económica de Arbo, durante o ano 2021, seguindo o mesmo criterio que se seguiu dende o inicio da pandemia, apunta o alcalde, que ademais solicita a colaboración dos veciños e veciñas de Arbo para que cumpren coas medidas decretadas polas autoridades sanitaria, o goberno de España e a Xunta de Galicia.
Este servizo manterase ata o 17 de febreiro de 2021.
Os gatos ocasionados polo servizo de taxis serán asumidos polo Concello de Arbo, con cargo aos seus orzamentos
Somos conscientes do esforzo que supón para todos e todas o mantemento de duras medidas que seguen a condicionar de maneira extraordinaria o noso día a día. Este esforzo sigue a ser hoxe máis necesario ca nunca, especialmente, polas persoas máis vulnerables, polos nosos maiores. Eles construíron o Arbo que coñecemos e desfrutamos, superando tempos moi difíciles, adversidades e traballando arreo, con escasos recursos e pasando moitas necesidades- manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil, e así o reflexou no comunicado trasmitido aos veciños e veciñas de Arbo. – Hoxe, cando deberían estar desfrutando do merecido descanso e de todo o conseguido, están a sufrir o ataque despiadado deste virus. É a nosa responsabilidade protexelos- remata Horacio Gil, que ademais pide que se leven a cabo as medidas aplicadas polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.