HomePontevedraA ParadantaO concello de Arbo realizará obras de mellora no entorno do cruceiro...

O concello de Arbo realizará obras de mellora no entorno do cruceiro de Sela

- Anuncio -spot_img

• O importe das obras ascenden a 6.277,96 € (IVE 21% incluído), dos cales 3.022,02 euros contan con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de en virtude de acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, sendo o importe restante 3.255,94 €, asumindo polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios

• Coas melloras proxectadas preténdese frear o seu deterioro e resaltar a súa importancia histórica e cultural

• Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes

• Nese senso, o Concello de Arbo, leva realizado nos últimos anos, obras de rehabilitación de elementos pratimoniais e culturais como é o caso do Muiño de San Xoan, o entorno da Capela de San Pedro, mellora do Palco de San Benito, entorno capela de San Xoan, lavadoiros de Urzal, Valiñas, Vieiro, Rocha, Hermida….

Por medio de la presente intervención, pretendese poñer en valor o Cruceiro e o seu entorno próximo, xa que se trata da zona antiga de Sela: para o cal se retirará o aglomerado asfáltico e colocarase formigón árido visto, deixando unha zoa de terra na contorna das arbores e no mesmo estado natural a zona na proximidade do Cruceiro, e facendo unha recollida de pluviais.

A intervención conten os seguintes procesos e materiais • Acondicionamento do terreo no entorno do Cruceiro. Consiste en el desbroce da vexetación e retirada do aglomerado asfáltico necesario para colocar o pavimento de formigón con árido visto. No encontro do Cruceiro manterase o bordillo de pedra e manterase o estado natural do pavimento existente, despois da limpeza do mesmo. Limpeza e retirada de escombros. A obra e seu entorno quedarán preparados para seu uso inmediato. Todos os escombros serán retirados a vertedoiro autorizado.

Esta actuación conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades – Patrimonio Cultural, que marcou as pautas a seguir para a intervención da mellora.

Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes, contados dende o día seguinte a sinatura da Acta de comprobación do replanteo.

O Concello conta con financiamento da Deputación de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (acordo nº 16.31917, CSV: K88T7OHBHHLX4OLZ) con cargo á aplicación 22/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a este concello a cantidade de 3.022,02 euros para Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela

Os restantes 3.255,94 €. serán financiados con cargo a fondos propios do Concello existentes na aplicación orzamentaria 336.619 do orzamento definitivamente aprobado cara o exercicio 2022 por acordo plenario de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022; atopándose a presente actuación no anexo de investimentos do referido orzamento.

Publicacións Relacionadas