HomeO CondadoAs NevesO Concello de As Neves garante a atención médica no Centro de...

O Concello de As Neves garante a atención médica no Centro de Saúde durante o mes de xullo, malia unha situación excepcional e allea á súa competencia directa

- Anuncio -spot_img

O Concello de As Neves quere aclarar publicamente a situación asistencial do Centro de Saúde ante as informacións nas que se alerta do seu suposto peche por falta de médicos de familia durante este mes.

A día de hoxe, o Centro de Saúde de As Neves conta con atención médica todos os días do mes de xullo, excepto unha xornada puntual —o día 17— para a que xa se está traballando na súa cobertura. Ademais, mantense a presenza de tres profesionais de enfermaría, garantindo unha atención sanitaria continuada á veciñanza.

Cómpre sinalar que a situación orixinouse por unha confluencia excepcional de baixas e ausencias xustificadas.

Ante este escenario, o Concello mobilizouse de inmediato, a través do alcalde e da concelleira de Sanidade, mantendo comunicación directa co xerente da Área Sanitaria de Vigo e coa Consellería de Sanidade, co obxectivo de buscar solucións urxentes.

Froito destas xestións, conseguiuse que:

  • Os días descubertos (excepto 7 e 17) foran asumidos por outro profesional.
  • Se reforzara a coordinación co persoal sanitario do centro para garantir o servizo.

O Concello continuará traballando coa Área Sanitaria para que se poida cubrir o día 17 e mesmo incorporar algún reforzo adicional durante este mes.

Desde o Goberno local queremos agradecer o esforzo e profesionalidade do persoal sanitario.

O Concello de As Neves reafirma o seu compromiso coa defensa dunha sanidade pública de calidade, próxima e accesible, e seguirá a colaborar coas autoridades sanitarias para que así se manteña.

Publicacións Relacionadas