As Neves, ao 26 de febrero de 2025 – O Concello de As Neves, en colaboración con AFAGA Alzheimer, pon en marcha o programa “Cultiva a Mente”, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 65 anos, co obxectivo de promover un estilo de vida saudable e a estimulación cognitiva a través de actividades específicas.
O programa dará comezo o xoves 13 de marzo de 2025 e desenvolverase en sesións semanais todos os xoves de 16:30 a 18:00 horas, no Concello de As Neves.
Un programa para mellorar a calidade de vida
A través desta iniciativa, o Concello de As Neves reafirma o seu compromiso co benestar das persoas maiores, ofrecendo un espazo de aprendizaxe e socialización onde se traballarán diferentes áreas clave para a saúde mental e emocional. Entre os obxectivos do programa destacan:
• A promoción dun estilo de vida saudable, con información e consellos sobre hábitos que contribúan ao benestar físico e mental.
• A implementación de estratexias de memoria, orientadas a mellorar a retención e a recuperación da información.
• O desenvolvemento de exercicios de estimulación cognitiva, para fortalecer a axilidade mental e as capacidades intelectuais.
• O fomento de emocións positivas e da socialización, creando un ambiente participativo e de apoio mutuo entre as persoas asistentes.
• A promoción dunha aprendizaxe activa, incentivando a curiosidade e o coñecemento continuo.
Inscricións abertas ata o 4 de marzo
As persoas interesadas en participar no programa poderán formalizar a súa inscrición entre o 26 de febreiro e o 4 de marzo (ambos incluídos) nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de As Neves.
As prazas concederanse por orde rigorosa de inscrición e será necesario presentar o Anexo I, xunto co xustificante de ingreso.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de As Neves ou consultar os medios oficiais do consistorio.

