• Actuacións na zona de Guláns/Estación para garantir mellores infraestruturas locais
As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa coa súa aposta pola mellora das infraestruturas municipais, executando novos traballos para optimizar os accesos ás vivendas da veciñanza. Nesta ocasión, as actuacións céntranse na zona de Guláns/Estación, onde se están levando a cabo intervencións que permitirán unha circulación máis segura e cómoda.
Estas melloras forman parte do compromiso do goberno municipal para seguir avanzando na modernización viaria, garantindo unhas infraestruturas máis accesibles e funcionais para todas e todos. Desde o Concello agradécese a comprensión e colaboración da cidadanía durante a execución destes traballos.