O concello de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para o Concurso de Comparsas para o Entroido 2025

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Baiona mediante a Concellería de Festexos, abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Certame de Comparsas de Entroido 2025, que terá lugar na Vila o próximo sábado 15 de febreiro co tradicional desfile de comparsas, que como vén sendo habitual, partirá desde a Avda. Urbana de Sabarís ás 17:00 h. en dirección ao centro da vila, onde finalizará no paseo Ribeira. Acto seguido, e mentres delibera o xurado, celebrarase polas rúas principais da vila, o tradicional enterro da sardiña que finalizará no areal da Ribeira, coa queima da mesma.

Repartiranse 6.500 euros en premios e axudas por participación entre as comparsas participantes no certame que se celebrará o sábado 15 de febreiro de 2025.

As solicitudes poderán presentarse desde o 31 de xaneiro ata o 10 de febreiro ambos os incluídos, existindo un límite máximo de participación de 20 comparsas. As comparsas admitidas deberán estar integradas por un mínimo de 12 compoñentes e os premios repartiranse tal e como figura nas Bases da convocatoria, da seguinte maneira:
1º PREMIO: 900 EUROS
2º PREMIO: 650 EUROS
3º PREMIO: 500 EUROS
4º PREMIO: 400 EUROS
5º PREMIO: 300 EUROS

Entre as demais comparsas participantes que non resulten premiadas, repartiranse as seguintes axudas en concepto de participación:
De 81 a 100 compoñentes, 300 euros.
De 61 a 80 compoñentes, 250 euros.
De 41 a 60 compoñentes, 200 euros.
De 21 a 40 compoñentes, 150 euros.
De 12 a 20 compoñentes, 100 euros.

Toda a información sobre as bases reguladoras da convocatoria e a documentación necesaria atópase no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello, na Concellería de Festexos do Concello de Baiona ou no teléfono 986385921.

Comparte este artigo