O Concello de Baiona iniciou os preparativos para celebrar unha das festas máis esperadas na Villa, as festas do Carme, patroa de todos os mariñeiros.
Por este motivo a Concellería de Festexos informa de que xa está aberto o período de inscricións para poder participar na comparsa dos Xigantes e Cabezudos que desfilará polas rúas do Centro histórico de Baiona o mércores 16 de xullo de 2025.
A comparsa estará composta por dez cabezudos (A Ratiña, o Popeye, o Diaño, o Napoleón, o Negro, a Negra, o Pallaso de cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato de cabeza pequena e a Bruxa de cabeza pequena) e dous Xigantes (o Rey e a Raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido, e recibirán os seguintes premios pola súa participación, Cabezudo 30 euros e Xigante 150 euros.
As inscricións formalizaranse no rexistro do Concello de Baiona ou na súa sede electrónica ata as 13:00H. do 11 de xullo, sendo a idade mínima de participación os 12 anos cumpridos.