HomeVigoBaionaO concello de Baiona adhírese á Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos concellos...

O concello de Baiona adhírese á Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos concellos da provincia de Pontevedra (OTAC)

- Anuncio -spot_img

O proxecto de posta en marcha dunha “Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos da provincia de Pontevedra” (OTAC) por parte da Deputación de Pontevedra é unha iniciativa mediante a cal esta Institución provincial tenta ofrecer unha resposta de cumprimento eficiente aos seus compromisos de apoio técnico aos seus Concellos.

Mediante a posta en marcha desta Oficina Tecnolóxica a Deputación de Pontevedra pretende centralizar e canalizar todos os servizos e accións de soporte e asistencia aos concellos que se atopan relacionados coas tecnoloxías, concretamente aos referidos coas Tecnoloxías da Información e Comunicacións.

Este proxecto axudará ao Concello en diferentes aspectos, entre os que resaltamos, para os servizos informáticos comúns, a avaliación de necesidades tecnolóxicas e asesoramento nas necesidades, os servizos de Impresión e unha aplicación para control horario centralizado, entre outros.

Para a Xestión dos servizos municipais destacan a administración electrónica, a xestión do padrón Municipal, a contabilidade e un software para a Policía Local. Tamén se poderán realizar a xestión e reserva de instalacións municipais e a retransmisión de eventos, tanto deportivos como culturais.

Refórzase tamén o apoio técnico para licitacións, con soporte para a realización de pregos técnicos e avaliación das ofertas presentadas, e a ciberseguridade.

Coa adhesión a esta oficina e con proxectos anteriores como a OTC (oficina de transformación comunitaria) e o proxecto “+ Renovables II”, onde se realiza un proxecto de autoconsumo compartido, comprobamos que o apoio da Deputación de Pontevedra ao Concello de Baiona, transfórmase en proxectos de calidade para os veciños da nosa vila.

Publicacións Relacionadas