O Concello de Baiona abre o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 25 e 26 de setembro co motivo da Romaría de San Cosme e San Damián.
Nos distintos postos de venda ofertaranse produtos do campo, comida, artesanía ou plantas poderán instalarse este ano nunha nova edición da Festa do Mel e das Noces de Baiona, organizada pola Concellería de Festexos para manter viva as tradicións e costumes da Vila durante a Romaría de San Cosme e San Damián.
O prazo de solicitudes pecharase o próximo 19 de setembro. A solicitude e a declaración responsable pódese descargar da páxina web do Concello de Baiona, www.baiona.gal (para máis información poñerse en contacto no número de teléfono 986 385 921).As solicitudes deberán presentarse na data indicada por rexistro de entrada do Concello en horario de 9:00-14:00 h, ou pola Sede electrónica (www.baiona.gal ).
O 25 e o 26 de setembro, este último festivo local en Baiona, ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.
Durante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía etc. O mercado estenderase tamén por cálea Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.
Ademais, o mercado será amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles.
En canto á adxudicación das autorizacións, unha vez terminado o prazo de instancias, procederase á concesión dos posto e a información será publicada na páxina web municipal www.baiona.gal.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “O Goberno local profunda na súa aposta pola potenciación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio con dous días cheos de programación. Se aposta pola liña de posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos coa nosa romaría manténdoa como festivo local”.

