A Concellería de Festexos de Baiona organiza un tradicional Magosto popular previsto para este próximo sábado 15 de novembro ás 18:30h na carpa situada na praza do Concello, dando deste xeito, a benvida oficial ao outono.
Despois do Samaín, toca a degustación deste produto típico de Galicia que é parte da nosa historia, costume e tradición, e para iso, o Concello de Baiona escolle esta data que despois de todos os Santos (1 de novembro) e a celebración de San Martiño (11 de novembro) que é cando a castaña comeza a estar madura e lista para a súa degustación.
Para a ocasión o Concello de Baiona asará aproximadamente 260 quilos de castañas para toda a veciñanza que se achegue a praza do concello para celebrar este Magosto Popular 2025. Para amenizar contaremos coa actuación do Grupo de Gaitas “Os Instrumentos” que nos acompañarán durante toda o atardecer.



