O concello de Baiona continua a tempada de poda outonal

adminON
Lectura mínima de 2

Durante os próximos días o Concello de Baiona continua coa tempada outonal de poda dos arboles da nosa Vila para a época invernal.

Hoxe xoves día 2 de outubro comezásese a xornada na avenida Julián Valverde de Sabaris onde se poñerán sinalizacións para evitar o aparcamento nas zonas afectadas. Durante este día, tamén se realizase unha parte do parque dos tendais xa que hai arboles próximos ás vivendas que poden realizar danos nas mesmas.

O xoves tamén se realizase a rúa Areas de Sabaris, onde tamén se restrinxirán os aparcamentos nas zonas afectadas e o venres tócalle a quenda á área do centro de saúde de Baiona, onde se limitase a entrada ao aparcadoiro municipal durante o tempo que se realice a actividade.

Durante a semana que vén esta previsto que o luns día 6, realícese pódaa da rúa Carabela a Pinta, o martes día 7 darase paso ao parque da Palma e se continua o mércores polo paseo Pinzón.

O xoves día 9 continuásese coas zonas de Santa Marta e Ladeira, onde se producirán  tamén o aparcamento e nunha parte do carril de acceso cortásese o trafico, regulado para que o paso dos vehículos sexa correcto e ordenado.

O venres día 10 finaliza esta primeira fase de poda coa realización da Praza de Sabarís.

Desde o Concello de Baiona pedimos desculpas aos veciños e visitantes da nosa Vila xa que estas actuacións poden causar inconveniencias nas súas actividades diarias, pero son necesarias para que tanto a imaxe como a vexetación poidan seguir adornando e purificando o aire de maneira eficiente.

Comparte este artigo