Home Vigo Baiona O Concello de Baiona e AFAGA ofrecen ás persoas usuarias da asociación...

O Concello de Baiona e AFAGA ofrecen ás persoas usuarias da asociación do municipio un asistente de conversación intelixente deseñado pola Universidade Vigo

- Anuncio -

A ciencia e a tecnoloxía poden ser poderosos aliados para mellorar a vida das persoas que sofren enfermidades neurodexenerativas. Concientes desta alianza, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Servizos Sociais, pon en marcha unha experiencia piloto cunha aplicación que funciona como un asistente de conversación.

O proxecto “En Compañía” – “Acompañamento Terapéutico a Persoas con demencia “ no que algunhas persoas de Baiona participan está financiado por Fundación LaCaixa e desenvolvido polo Grupo de Tecnoloxías da Información GIT do Centro Atlantic da UVigo e AFAGA ALZHEIMER, unha iniciativa á que non ha dubido en sumarse o Concello de Baiona.

Foi deseñada para persoas usuarias que viven soas en zonas rurais. Os usuarios e usuarias baioneses seleccionados para este pioneiro proxecto reciben a aplicación nos seus respectivos domicilios. A medida que os usuarios empecen a traballar co asistente, o contido que recibirán irá personalizándose para que a intervención sexa cada vez máis individualizada e axústese ás diferentes necesidades das persoas.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, reuníronse esta mañá, Día Mundial do Alzheimer, cunha representante da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) para coñecer de primeira man este proxecto pioneiro.

O rexido reflexionou “que a sociedade se dirixe a que haxa menos persoas convivindo nas casas e que por iso desde a administración máis próxima á venciñanza, a administración local, temos que apoiar este tipo de iniciativas e crear ferramentas para responder as demandas das persoas vulnerables que o necesitan”.

Gómez Prado concluíu que “en definitiva, con esta colaboración trátase de impulsar actividades conxuntas que melloren a calidade de vida das persoas con enfermidades neurodexenerativas”.

O Concello de Baiona e a asociación Afaga Alzhéimer, asinaron por primeira vez o pasado mes de xuño un convenio para desenvolver accións conxuntas en beneficio das persoas con demencia e dos seus familiares.

Entre estas accións destaca a posta en marcha de campañas de formación á poboación da localidade dirixidas ao diagnóstico precoz do alzhéimer e outras demencias, a organización de talleres e conferencias divulgativas, a organización de actividades formativas e de acompañamento para coidadores familiares e a cesión de espazos para o desenvolvemento de proxectos piloto de atención ás persoas con demencia.

“Coa firma deste convenio demos un paso máis na atención ás persoas que teñen unha demencia e ás súas familias, son accións que xa se están realizando grazas á estreita colaboración que o Concello de Baiona mantén con AFAGA, pero desta forma poñemos sobre o papel o compromiso que ambas as entidades temos e tamén asumimos o reto de ampliar e impulsar proxectos como o de ,“En Compañía”, para abarcar así un núcleo de poboación cada vez maior -posto que o número de persoas con demencia tamén aumenta cada ano- e para ofrecer unha mellor atención”.

Afaga Alzhéirmer vén desarollando en Baiona os talleres do programa de “Estimulación Terapéutica” e o Taller “Cultiva a mente”, unha serie de talleres que teñen como obxectivos específicos:

• Manter as capacidades mentais e funcionais o maior tempo posible.
• Evitar a desconexión e fortalecer as relacións sociais.
• Facilitar o descanso aos coidadores e as súas familias.
• Mellorar o seu estado emocional.

Estas actividades desenvolvésense no Multiusos Ángel Bedriñana do Concello de Baiona na rúa Carabela Pinta.

Xa son moitos os veciños e veciñas do municipio que se beneficiaron destas actividades, unha experiencia que cualifican moi enriquecedora para todos eles. Coa firma deste convenio reforzaranse as accións.

O Alcalde e a concelleira “queren agradecer a AFAGA o seu traballo pola saúde dos e as maiores” e lembra que no Concello “sempre camiñaremos da man das asociacións que traballan para mellorar o benestar da veciñanza”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas