HomeVigoBaionaO concello de Baiona expón no Museo de Navegación o Roteiro da...

O concello de Baiona expón no Museo de Navegación o Roteiro da Volta ao Mundo da Corveta S.M.C Ferrolá

- Anuncio -spot_img

Trátase dun novo proxecto expositivo para a planta baixa da Casa da Navegación, un espazo accesible a todos que se abre ao público o 17 de outubro ás 19 horas.

O contido céntrase na viaxe ao redor do mundo desta corveta de guerra, para alcanzar diversos obxectivos: militares –coa formación de novos garda mariñas-, diplomáticos e económicos -para manter as relacións comerciais coas terras que se estaban independizando en América e manter a presenza en Filipinas- así como transportar a Australia o primeiro grupo de relixiosos encabezados por F. José María Benito Serra con 6 sacerdotes, 6 relixiosas e 18 misioneiros artesáns que van construír a primeira igrexa católica da que logo será bispo Fray Rosendo Salvado.

Para a tripulación supuxo unha experiencia única na que non só enfrontaron unha longa viaxe e os problemas de navegación xurdidos en cada mar, tamén pola oportunidade de coñecer outras terras e outras culturas.

O rico vocabulario de navegación e as técnicas, a xeografía, outros nomes de países que xa en desuso, outros tipos de barcos. A narración directa desta navegación, recollida no diario persoal de Ramón L. Barreiro, piloto naval de Foz (Lugo) é un documento inédito e único que nos leva nesa viaxe de mediados do século XIX, ofrecendo moitos datos técnicos, pero tamén a súa experiencia persoal.

O financiamento é mixta entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona a través da Concellería de Cultura e o horario da exposición é de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas

Publicacións Relacionadas