Home Vigo Baiona O Concello de Baiona finaliza as obras de instalación de novas redes...

O Concello de Baiona finaliza as obras de instalación de novas redes de saneamento e pluviais en Baredo por 105.951,42 euros

- Anuncio -

O Concello de Baiona finalizas as obras nos barrios de Baredo de Xestas, Súas Torres, A Bouza e Montiño, camiños que carencian deste servizo.

As obra foron adxudicadas á empresa “Excavaciones e construcións Manuel Pérez Portela” por 105.951,42 euros e están subvencionadas ao abeiro do “Plan Concellos 2021” da Deputación de Pontevedra.

Procedeuse á instalación de novas tubaxes de saneamento para dar acceso ao mesmo ás vivendas que non tiñan ese servizo municipal. O Concello considerou necesaria a obra porque os residentes na zona trataban as augas residuais de manea individual con fosas sépticas nas vivendas. Así mesmo, tamén se instalou nova rede de pluviais. Uns traballos aos que se sumaron a mellora do pavimento co asfalto dos viais.

O Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, sinala que con estas obras “procedeuse á instalación de distintas tubaxe de varios metros para dar un novo servizo a todas as vivendas situadas nestes camiños da parroquia”.

Pola súa banda o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, comenta “a importancia destas obras “que dará servizo ás vivendas destes lugares”.Así mesmo, destaca que “se trata dun compromiso do Alcalde de Baiona para que a veciñanza teñan o mesmo acceso aos servizos municipais residan onde residan”. A dotación destas novas redes de saneamento súmase a outras moitas levadas a cabo nos últimos meses en distintos puntos da localidade. Do mesmo xeito, darase continuidade á mellora de infraestruturas e servizos básicos dos diferentes barrios e parroquias do municipio”. O rexedor reafirma o obxectivo é completar o saneamento nos barrios e lembra que a dotación destes servizos aos núcleos da localidade “foi, e segue sendo, unha das nosas prioridades “. Outros dos obxectivos é “o compromiso co mediambiente xa que con estas novas instalacións elimínase o risco dunha contaminación dos terreos e mesmo do río”, finaliza o rexidor.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas