O Concello de Baiona informa que, entre os labores de poda que realiza o Concello, onte produciuse a talla dunha especie arbórea denominada eucaliptus globulus

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Baiona informa que, entre os labores de poda que realiza o Concello, onte produciuse a talla dunha especie arbórea denominada (eucaliptus globulus) porque tiña un gran risco de caída xa que era unha árbore de gran porte e dimensións, estaba a escasa distancia das casas, tenia un enraizamento dubidoso xa que estaba en zona de rocas e polas inclemencias meteorólogicas na zona, xa sexan temporais ou fortes choivas.

A citada árbore, que é unha especie pirófita, atopábase nunha zona de alta densidade de persoas especialmente en tempada estival posto que estaba no areal de Santa Marta preto, e durante todo o ano xa que se atopa a capela de Santa Marta a escasos metros e moitos viadantes transitan polo paseo litoral .

Procedeuse á talla deste eucalipto previa autorización do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra debido a que estaba en terreo de dominio público marítimo-terrestre.

Unha vez que se tallou este eucalipto púidose observar que estaba totalmente seco por dentro e que era un grave perigo para os viandantes da zona e para as casas lindeiras por posible caída.

Comparte este artigo