HomeVigoBaionaO Concello de Baiona inicia con gran éxito de participación nas parroquias...

O Concello de Baiona inicia con gran éxito de participación nas parroquias do municipio o programa de prevención ao deterioro “Cultiva a Mente”

- Anuncio -spot_img
  • As inscricións seguen abertas para todas aquelas persoas que queiran participar no programa

O Concello de Baiona inicio con gran éxito de participación nas parroquias do municipio o programa de prevención ao deterioro “Cultiva a Mente”.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención do deterioro cognitivo e o coñecemento do envellecemento activo.

O obxectivo é o fomento de hábitos saudables dende un enfoque activo e positivo en áreas cognitivas, emocionais, funcionais e sociais como precursor dun axeitado mantemento de vida independente nas persoas adultas maiores participantes.

A metodoloxía é activa e dinámica, sempre cunha explicación e capacitación da funcionalidade e obxectivo de cada serie de exercicios e propostas.

Itinerario das sesións:

  • Acollida.
  • Información e formación teórica sobre hábitos e capacidades.
  • Desenvolvemento de actividades e exercicios de base cognitiva.
  • Desenvolvemento de actividades e exercicios de base funcional e motriz.
  • Desenvolvemento de actividades emocionais e sociais.
  • Peche: planificación da próxima sesión e proposta de actividades a domicilio.

As sesións desenvolveranse entre Outubro 2022 e Xuño 2023, realizaranse unha vez por semana e teñen unha duración de unha hora e media, serán impartidas polo equipo técnico de AFAGA.

A actividade de “CULTIVA A MENTE” está próxima comezou nas parroquias, tralo éxito do desenrolo da actividade en Baiona no edificio multiusos Ángel Bedriñana, r/ Carabela La Pinta. Nas parroquias lévase a cabo nos seguintes lugares e co seguinte horario: Baredo, Centro Cultural. Xoves 18:30-20:00. Belesar, Centro Cultural. Xoves 11:00-12:30. Sabarís, Multiusos. Martes 11:00-12:30. Baíña, Centro Cultural. Martes 18:30-20:00.

Requisito necesario: persoas empadroadas no Concello de Baiona.

As persoas interesadas en participar poderán recoller os impresos da súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Deberán rexistrar dita solicitude por rexistro de entrada do Concello de Baiona, horario de atención ao público, de 9 a 14 horas. Máis información chamando ao teléfono 986 38 59 26.

Na folla de inscrición se recollen os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo, n.º DNI, data de nacemento, teléfono de contacto.

Publicacións Relacionadas