O concello de Baiona organiza unha visita guiada para poñer en valor as tradicións da noite de San Xoan

adminON
Lectura mínima de 1

A visita é para todos os públicos e comezará desde a Oficina de Turismo ás 11:30 horas

O Concello de Baiona, a traves da Concellaria de Turismo, organiza o domingo, 22 de xuño, unha visita guiada para divulgar as tradicións relacionadas coa noite de San Juan, festividade cun gran arraigamento en toda a cultura galega.

O percorrido será polo centro histórico, en torno do barrio de San Xoán, onde a través dos diversos elementos contaranse historias e tradicións da cultura relixiosa e pagá en xeral, tanto do pasado como das que se manteñen a día de hoxe.

As prazas son limitadas e é necesaria a inscrición previa na propia oficina ou por correo electrónico a oficinadeturismo@baiona.gal.

Comparte este artigo