O Concello de Baiona organiza varios cursos de competencias dixitais para os mozos durante este curso escolar

adminON
Lectura mínima de 2

A concellería de Mocidade do Concello de Baiona, en colaboración coa concellería de Tecnoloxías e a Fundación Esplai, organizan varios cursos de competencias dixitais durante este curso escolar na nosa vila.

Ofértanse catro cursos diferentes que terán lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, durante os meses de setembro, outubro e novembro; dous deles versarán sobre competencias básicas destinados á mocidade de 9 a 11 anos e outros dous impartirán competencias avanzadas destinado á mocidade de 12 a 17 anos.

Impartiranse conceptos básicos de ferramentas informáticas, uso seguro e responsable da internet, programación, robótica educativa, impresión 3D e realidade virtual.

A través destas actividades búscase favorecer a adquisición de competencias dixitais e desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas.

As inscricións están abertas na Omix do Concello de Baiona ata o 13 de setembro e as prazas son limitadas. Más información na Omix do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal

Coa posta en marcha destes catro cursos de competencias dixitais, o Concello de Baiona, continúa co seu plan de actividades para a mocidade no novo Espazo Xuvenil de Baiona, situado no Centro Multiusos Ángel Bedriñana.

A concellería de Mocidade do Concello de Baiona, dirixida por Ruth Álvarez González ,é a concellería encargada da xestión deste novo espazo, desde onde se anima á nosa mocidade a que presenten as súas propostas de actividades, para iso, poden contactar coa OMIX, no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal

Comparte este artigo