O concello de Baiona pon en valor as xestas da navegación dos mariños baioneses “Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito”

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Baiona, organizou unha serie de actividades co fin de poñer en valor as fazañas de navegación levadas a cabo por estes mariños baioneses que navegaron con Magallanes e Elcano, no 503 Aniversario da Primeira Circunnavegación á terra.

Así, o vindeiro venres 5 de setembro, o auditorio da Casa da Navegación de Baiona, acollerá ás 20:00h un faladoiro baixo o título “ Palabras que dialogan: Baiona e o Mar” na que participarán as profesoras titulares de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández e Begoña Fernández Rodríguez, e os catedráticos de Historia da arte da mesma universidade Juan M. Monterroso Montero e José Manuel García Iglesias, que versará sobre o rico patrimonio cultural de Baiona ligado ao mar; o templo da Excolegiata de Baiona, a Arribada e a participación dos mariños nas distintas xestas descubridoras, a Virxe da Roca ou o propio Parador Nacional Conde de Gondomar.

Pola súa banda, o sábado 6 de setembro ás 21:00h, a igrexa parroquial Santa María de Baiona, acollerá un concerto de música de cámara do quinteto de vento Arven, creado en 2015 dentro do grupo Camerata Arven, formado por unha frauta, un oboe, un clarinete, unha trompa e un fagot, que interpretarán entre outras obras, unha sonatina para clarinete e cuarteto de ventos do compositor Juan Núñez.

O Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “queremos aproveitar esta efeméride para poñer en valor as xestas de navegación destes mariñeiros veciños da nosa vila que forman parte da historia universal. Unhas fazañas de homes de mar que grazas a estes mariños, aúnque non o sospeitasen, deron inicio baixo os auspicios da coroa de España, á primeira globalización da historia”.

Comparte este artigo