O convenio de colaboración foi corroborado pola corporación Municipal no último pleno celebrado na nosa vila.
O Salón de Plenos do Concello de Baiona acolle hoxe día 17 de xullo o acto para a firma do convenio de colaboración entre Excmo. Concello de Baiona, Portos de Galicia e a Fundación Banco Sabadell para a realización dun mural con temática mariñeira no espigón da Doca por medio dun proxecto colaborativo.
A idea do Espigón da Doca parte do ano 1913, onde se envía unha solicitude ao Excmo. Sr. Ministro de Fomento onde se solicita un espigón duns douscentos metros de extensión que partise da punta de “A Tenaza” en dirección N.E.
Durante a década de 1940 empezaron as obras que converteron a este pobo nun verdadeiro refuxio, xa que co devandito espigón e co peirao, quedou unha fermosa dársena onde poden fondear toda clase de embarcacións con completa seguridade favorecendo o amarre do os barcos pesqueiros dos veciños de nosa Villa.
Por iso este proxecto busca converterse nun punto de referencia cultural e artístico en Baiona, promovendo o coñecemento da tradición pesqueira e a conservación da contorna mariña.
O Concello de Baiona será o encargado de xestionar o proxecto contando coas distintas asociacións e colectivos locais que achegarán información e suxestións, tamén realiza a contratación do artista que plasmará esas ideas no devandito espigón. Contarase coa participación dos colexios da Vila e das distintas asociacións convidadas a colaborar.
Portos de Galicia realiza, con carácter previo, os traballos de limpeza, reparación de danos e a aplicación de imprimación, nun período anterior inmediato para a realización do mural.
A Fundación Banco Sabadell, que ten como obxectivo promover a cultura e as artes, a investigación e a educación para contribuír ao progreso da sociedade, achega para este proxecto 90.000 euros. O deseño da obra concibirase a partir dun proceso de mediación cultural comunitaria co obxectivo de tecer a cohesión social transgeneracional dos veciños e veciñas de Baiona. O mural integrará elementos náuticos tradicionais da rexión e representacións vivas da biodiversidade mariña autóctona, sendo unha manifestación visual da herdanza marítima de Baiona, así como da rica flora e fauna das súas augas.
En palabras do Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, “Esta renovación supón o inicio dunha nova vida para un dos elementos máis emblemáticos de Baiona que une tradición e futuro, asociada ao mar e aos nosos veciños mariñeiros, poñendo en valor un marabilloso espazo en nosa Villa. Agradezo a extraordinaria colaboración nesta iniciativa a Portos de Galicia e a Fundación Banco Sabadell xa que sen a súa axuda non podería ser levado a cabo este proxecto”.