HomeVigoBaionaO concello de Baiona prepárase para celebrar o 10º aniversario da declaración...

O concello de Baiona prepárase para celebrar o 10º aniversario da declaración oficial do Camiño Portugués da Costa

- Anuncio -spot_img

No ano 2026 prodúcese o décimo aniversario da declaración oficial do Camiño Portugues pola costa, que foi unha iniciativa na que varios concellos da nosa contorna colaboraron e puxeron en valor para a creación dun novo roteiro oficial do camiño, que destaca polas súas paisaxes e o seu roteiro tranquilo polos montes e costas de nosa Villa.

En 2016, o Camiño Portugués pola Costa, instáurase grazas ao traballo de Amigos dos Pazos, que conseguiu reunir documentación que confirmaba a existencia da vía que pasa por Vigo, logrou o visto e prace definitivo da Xunta e desde entón foi o roteiro que máis crecido, sobre todo con peregrinos de fóra do noso país.

Nestes dez anos que pasaron desde que Cultura deu a súa visto e prace a incluír o roteiro que chega desde A Guarda, tras cruzar o Miño, pasaron por Baiona máis de 300.000 peregrinos que pediron a Compostela á súa chegada á capital de Galicia.

Neste ámbito, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu a visita do colectivo Amigos dos Pazos, representado pola súa presidenta Yashmina Mª Shawki-Aziz, e os vogais Grato Amor Moreno e Gonzalo Prado González, cos que empezaron as conversacións para a realización dos actos cos que se conmemora unha data tan especial.

Este ano o Concello xa empezou a efeméride, realizando unha homenaxe ao mesmo co seu calendario anual, onde se recollen fotografías de diferentes tramos do camiño que transita por Baiona, que os peregrinos percorren durante cada día, sendo indiferente o tempo, xa que tanto con frío, como con choiva ou calor, non dubidan en percorrer este tramo.

Desde o Concello de Baiona apoiouse esta iniciativa desde o principio da mesma, xa que isto lévanos a unha desestacionalización do turismo na nosa vila, un dos piares da nosa economía azul.

Publicacións Relacionadas