A exposición estará aberta ao público do 1 ao 15 de agosto
No corazón de Sabarís, a concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por Policarpo Vilar, converte o Edificio Multiusos nun escenario de cor e expresión coas pinturas e gravados de Irene Silva e o seu proxecto artístico Galiestampa.
Irene Silva móstranos a súa sensibilidade pictórica a través de obras que exploran a natureza, a memoria e o tempo, mentres Galiestampa expón traballos cheos de forza gráfica e compromiso creativo.
Dúas miradas, unha mesma paixón pola arte, que se manifesta en trazos e formas que dialogan e estampas que nos convidan a sentir.
Forma parte da programación Exposicións Verán 2025: Unha invitación aberta a deixar que a arte nos fale de emocións.