A Concellería de Cultura organiza o contacontos para bebés: “O berce das verbas”, que terá lugar este venres 21 de novembro ás 18:00 H na Bilioteca Municipal de Baiona e dirixido a un público familiar de 0 a 4 anos, acompañados por un adulto.
Esta actuación será a cargo de Caxoto, a trastienda dos contos. Con este espectáculo, Caxoto recolle estes recordos de entre as brumas da memoria e tenta recompoñer as sensacións, as emocións, a fantasía e a maxia dos primeiros pasos, dos primeiros contos.
Nesta actuación, a avoa Sara subía á habitación do seu neto máis neno, e sentada na súa cama facía dúas cousas, primeiro contáballe un conto e despois cantáballe unha canción. Cos primeiros compases daquela canción o seu neto máis neno, Caxoto, quedaba durmido como un tronco cada noite.
Felipe Valle (Caxoto) é mestre de educación primaria e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á de Kalandraka no 2004. Alí despois de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia.



