Este ano realízase sobre o camiño portugués pola costa, xa que Baiona foi un dos máximos impulsores do mesmo
Hoxe dáse a coñecer o calendario oficial do Concello de Baiona para este ano 2026, que comezará co buzoneo dos máis de 6.000 calendarios que depositará Correos en todos os domicilios do municipio.
Con motivo do X aniversario do Camiño Portugués da Costa, o Concello quixo dedicar este ano o calendario ao segundo roteiro máis escollida polos milleiros de peregrinos que percorren este trazado ao seu paso pola vila na súa peregrinaxe a Compostela.
Despois dunha década da súa declaración Oficial, o Concello de Baiona, Gestagua, empresa patrocinadora do calendario e Correos que se encarga do buzoneo, quixeron render esta pequena homenaxe en forma de 13 fotografías dos recunchos máis singulares do camiño portugués da Costa ao seu paso polo termo municipal de Baiona.



