HomeVigoBaionaO concello de Baiona reordea os contedores do barrio do Xuncal

O concello de Baiona reordea os contedores do barrio do Xuncal

- Anuncio -spot_img

Nos próximos días procederase á recolocación do punto de contedores no Xuncal (Foto) co obxectivo de mellorar o servizo, optimizar a accesibilidade e minimizar o impacto na vía pública.

A nova localización será na estrada de entrada ao Xuncal, á beira do as instalacións do centro deportivo BE ONE, onde se localizarán a maior parte dos contedores, e os restantes, localizaranse no cruzamento do Hotel EntreRobles e o Contedor de Téxtil no Colexio de Sabarís.

Esta modificación responde a criterios técnicos, así como ás solicitudes da veciñanza, buscando unha maior eficiencia na recollida e unha mellor convivencia na contorna urbana.

O Concello de Baiona pide a colaboración dos seus veciños e visitantes para que respecten a nova localización e sígase facendo un uso responsable dos contedores, depositando os residuos nos recipientes adecuados e nos horarios establecidos.

Así mesmo, lémbrase que para a recollida de residuos voluminosos, está dispoñible o servizo do punto limpo chamando ao 900101925 onde lle informarán do día e horario de depósito.

Publicacións Relacionadas