HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu abre as inscricións para os obradoiros de memoria...

O concello de Bueu abre as inscricións para os obradoiros de memoria e envellecemento activo

- Anuncio -spot_img
  • O prazo estará aberto dende o 2 e o 6 de febreiro e os talleres serán impartidos polos centros de día Pescadoira e Contigo, e AFAMO
  • Haberá diversos grupos no Centro Social do Mar de Bueu, Casa do Pobo de Beluso, Centro de Interpretación de Agrelo e Casa da Aldea de Meiro

O Concello de Bueu arrancará en febreiro un novo curso de obradoiros de memoria para persoas maiores, un proxecto que se insire no marco do plan anual de fomento das políticas sociais activas e que goza de moito éxito. Dende o Departamento de Benestar Social anuncian que o prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 6 de febreiro, ámbolos dous días incluídos. Os obradoiros serán impartidos polos centros de día da vila, Contigo e Pescadoira, e pola Asociación de Apoio a Familias con Alzhéimer (AFAMO), e neles propoñeranse diversas actividades de xeito gratuíto.

O Centro de Día Pescadoira desenvolverá os Obradoiros na Casa do Pobo de Beluso e no Centro Social do Mar de Bueu (2 grupos) e o Centro de Día Terapéutico Contigo desenvolverá os Obradoiros de Memoria na aula da Biblioteca do Centro Social do Mar de Bueu (2 grupos) e no Centro de Interpretación do litoral de Agrelo (1 grupo), e AFAMO impartirá o da Casa da Aldea de Meiro. Para estes obradoiros a inscrición deberá facerse no Rexistro Xeral do Concello no prazo indicado a través dun formulario.

A iniciativa ten como obxectivos o fomento do envellecemento activo, o aumento na calidade de vida, o coñecemento de novas actividades de ocio e tempo libre, a mellora nas relacións sociais, etc. Tal e como apunta Laura Ogando, concelleira de benestar social e igualdade, “estes obradoiros son moi importantes para a poboación maior, pois axudan a prever deterioro da saúde mental”.

Aproposta do Centro de Día Pescadoira terá en conta unha perspectiva integral, abarcando todas aquelas áreas que teñen relación e influencia na memoria. Deste modo trataranse aspectos cognitivos pero tamén emocionais, que afectan a que a memoria funcione de maneira óptima. Abordaranse casos da vida cotiá da persoas participantes no obradoiro, para dar resposta individual e personalizada aos problemas existentes e dotalos de ferramentas para afrontalos.

Os obradoiros de memoria do Centro de Día Terapéutico Contigo teñen como obxectivos promover a prevención e facilitar a detección temperá de posibles deterioros nas funcións cognitivas, potenciar e adestrar as distintas capacidades cognitivas das persoas participantes, ofrecer orientación e acompañamento no proceso de envellecemento, e impulsar e motivar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de apoio e aprendizaxe.

Por último, o proxecto de Atención integral e Envellecemento activo de AFAMOofrece unha abordaxe integral para atender tanto ás persoas afectadas de alzhéimer como ás súas familias. Ademais, aproveita o potencial do envellecemento activo para fomentar a saúde, a autonomía e a inclusión social.

Publicacións Relacionadas