HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar na...

O concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar na aula municipal de música

- Anuncio -spot_img
  • As persoas interesadas poden anotarse entre o 10 e o 26 de setembro nas modalidades de solfexo, piano, conxunto musical (combo) e música activa
  • As clases, que están abertas a todas as idades, desenvolveranse do 8 de outubro ata o verán do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil

A Aula de Música do Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar nas clases do vindeiro curso, que se desenvolverán entre o 8 de outubro e finais de xuño do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil, situada no Valado. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, conxunto musical (combo) e música activa. As inscricións poderán entregarse desde o 10 ao 26 de setembro ás 23.59 h, de dúas formas: achegando a solicitude por Rexistro Xeral ou mediante a Sede Electrónica (para o que é preciso contar con certificado dixital).

Os criterios de admisión son: ter asistido á Aula Municipal de Música en anos anteriores na modalidade na que se inscriba estar empadroado/a no Concello de Bueu. A praza será reservada por orde de entrada no Rexistro Municipal e, unha vez aplicados os criterios de admisión, de haber prazas vacantes, asignaranse mediante sorteo público.

A actividade organizarase segundo diferentes niveis e en diversos grupos: adultos (a partir de 16 anos), infantil / xuvenil (de 8 a 16 anos) e música activa (de 4 a 8 anos).  Inicialmente, o alumnado distribuirase por idade en grupos de 4 persoas no caso de infantil/xuvenil e en grupos de 5 nos casos de música activa, adultos e conxunto musical. Nos primeiros días do curso, e tras coñecer ao alumnado e os seus coñecementos musicais, serían redistribuídos polo profesor se fora necesario polo seu nivel de coñecemento.

Publicacións Relacionadas