HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu celebra o 27 de novembro un novo mercado...

O concello de Bueu celebra o 27 de novembro un novo mercado ecolóxico e artesanal e abre o parzo de pesentación de solicitudes

- Anuncio -spot_img

• O prazo para que se poidan solicitar os postos esténdese ata o 28 de outubro e as bases completan poden consultarse na web municipal

• Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salienta que se trata dun “proxecto asentado que naceu hai máis dunha década e que demostra o compromiso polos produtos locais e a concienciación na sociedade”

O Concello de Bueu celebra o próximo 27 de novembro unha nova edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal, que terá lugar na carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís – As Lagoas e no que se poderán mercar durante toda a xornada produtos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais, ademais de gozar de actividades diversas. Así, dende a concellaría de promoción económica que dirixe Silvia Carballo vénse de abrir o prazo para que as persoas e entidades poidan solicitar un posto de venda, procedemento que se estenderá ata o28 de outubro, e cuxas bases se poden consultar na web municipal.

Este mercado xa conta con máis de dez anos de historia, e foi posto en marcha con diversos obxectivos, entre eles, diversificar e consolidar a economía local partindo do consumo responsable e a produción sustentable, aproveitando os recursos endóxenos con criterios de responsabilidade social, económica e ecolóxica; contribuír á conservación e recuperación da cultura rural e tradicional, con especial relevancia dos oficios tradicionais, a sabedoría popular e campesiña, e as formas de uso e xestión sustentable dos recursos naturais; e conservar a biodiversidade biolóxica e os agrosistemas asociados ás actividades produtivas de carácter local, ecolóxico e artesanal.

O mercado constará cun máximo de trinta postos, que poderán solicitar produtores de sectores de alimentación, artesanía, comercio xusto, saúde e benestar, tecidos e calzado, turismo e gastronómicos

Este proxecto demostra o compromiso do goberno bueués polos produtos locais e a concienciación medioambiental na sociedade, de aí que, ademais da venda de produtos locais, de quilómetro cero, e de tempada, se sume unha ampla e variada programación con actividades paralelas que permitirán aprender e gozar dun día en familia.

Publicacións Relacionadas