HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu celebra o Día de Rosalía con poesía e...

O concello de Bueu celebra o Día de Rosalía con poesía e contacontos

- Anuncio -spot_img
  • O 23 de febreiro, ás 18.00 horas, terá lugar o contacontos “Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos…” de Caxoto
  • O 26 de febreiro será a presentación do poemario “Réquiem”, co que  Eugénio Outeiro Lojo gañou o XXVIII Premio Johan Carballeira de Poesía

O Concello de Bueu organiza un ano máis actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o próximo 23 de febreiro. Ao longo dos vindeiros días, o consistorio programará dous eventos que poñerán en valor as letras galegas para todas as idades na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu e nos que se convida a participar a toda a veciñanza.

O programa arrancará o luns 23 de febreiro, ás 18.00 horas, co contacontos infantil “Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos…” de Caxoto. Nel proponse un percorrido pola traxectoria vital e literaria de Rosalía, conectando o seu legado coa obra das poetas galegas que escriben na actualidade, e coa narración oral como eixe central.

O xoves 25 será a presentación do poemario Réquiem, co que Eugénio Outeiro Lojo gañou o XXVIIi Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu.  O acto, que será ás 19.30 horas, contará coa intervención do propio autor, da poeta Silvia Penas e de Fran Alonso, director da editorial Xerais. Os versos de  Réquiem, estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa.  A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso.  A través da evocación dos nomes e das súas historias, o poema convértese nun canto colectivo á dignidade, á loita e á permanencia da lembranza fronte ao esquecemento.

Publicacións Relacionadas