O Concello de Bueu organizou este domingo, 22 de febreiro, o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, co que se pon remate ao Entroido na vila. Cunha tarde de sol, a comitiva saíu ás 17.00 h da rúa Montero Ríos, pasando polas rúas Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Castelao e culminando na praia da Banda do Río coa queima do paxaro, elaborado para esta ocasión, como en anos anteriores, polo artista local Tino Resille.
No desfile participaron unha vintena de colectivos e persoas, e o xurado estivo conformado por Belarmino Barreiro, en representación do Concello de Bueu, Alberto Moital, concelleiro do BNG, Isabel Quintás, concelleira do PSOE e tenente de alcalde, Elena Estévez, concelleira do PP, María Dolores Docampo, da Asociación Veciñal da Banda do Río, e Emilio Dopazo, da ADFS Bueu.
Os premios foron os seguintes:
Individuais
1º premio, 80 €: Sandra Pérez Souto
2º premio, 50 €: Manuel Pérez Rodríguez
Parellas
1º premio, 80 €: A pulpeira mía
2º premio, 50 €: Eco Glam
Agrupacións de entre 3 e 15 compoñentes
1º premio, 100 €: Mercanorte
2º premio, 80 €: La plaga
Agrupacións de máis de 15 compoñentes
1º premio, 250 €: As toxiñas
2º premio, 175 €: O gran circo familiar
3º premio, 100 €: Club do Mar Bueu
Comparsas de Bueu
1º premio, 150 €: Os do pinsel
2º premio, 100 €: Asociación Tinta Femia
3º premio, 75 €: As Faltriqueiras
4º premio, 50 €: Os Kantaclaro
Anpas da vila
1º premio, 150 €: Anpa Cabo Udra
2º premio, 100 €: Anpa Torre Cela
3º premio, 75 €: Anpa A Pedra
4º premio, 50 €: Anpa Pichirilo



