HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu colocar uns ‘Stolpersteine’ na memoria de José Ferradás...

O concello de Bueu colocar uns ‘Stolpersteine’ na memoria de José Ferradás Pastoriza e Manuel Rey Cruz que morreron nos campos de concentración nazis

- Anuncio -spot_img
  • Este venres tivo lugar unha rolda de prensa cos familiares na que xa se anunciaron a chegada dos adoquíns e as próximas actividades pola memoria
  • O acto de colocación terá lugar o próximo 30 de maio xunto ao monumento de Johan Carballeira, na Banda do Río, e complementarase cunha conferencia da historiadora María Torres

O Concello de Bueu e a Asociación de Amigos de Johan Carballeira colocarán os ‘Stolpersteine’, ou adoquíns da memoria, a través dos que se lembrará aos dous veciños bueueses asasinados nos campos de concentración nazis, José Ferradás Pastoriza e Manuel Rey Cruz. Este venres tivo lugar no salón de plenos un encontro coas familias, no que participaron Carmen García, concelleira de cultura, Xosé Novas, secretario da Asociación de Amigos Johan Carballeira, José González Ferradás, sobriño de José Ferradás Pastoriza, e José Manuel Rey Ríos, neto de Manuel Rey Cruz.

Tal e como explicou Carmen García, o Concello de Bueu solicitou a Alemaña hai un ano contar con dous adoquíns ‘Stolpersteine’ tras un acordo plenario que se aprobou por unanimidade de todos os grupos municipais.  A concelleira salientou que “é importante que non esquezamos e que sigamos a facer avances para a recuperación da memoria”.

Despois de que chegasen os adoquíns deseñados polo artista alemán Gunter Demnig, estes serán colocados na base do monumento a Johan Carballeira, na entrada da praia da Banda do Río, porque é un espazo no que xa conflúe a memoria do alcalde de Bueu durante a República e que foi asasinado polo franquismo. O acto será o 30 de maio a partir das 20.00 horas, e nel participarán os familiares dos dous asasinados, que estiveron nos campos de Mauthausen- Gusen ao longo de varios meses de 1941 ata o seu falecemento. Posteriormente, e para dar a coñecer o que foi o paso dos galegos nos campos de concentración, a historiadora María Torres tamén vai impartir unha conferencia.

Os veciños asasinados

Os veciños son José Ferradás Pastoriza, veciño de Beluso e falecido o 20 de setembro de 1941, e Manuel Rey Cruz, veciño de A Graña e falecido o 20 de maio de 1941.

Tal e como lembra José González Ferradás, o seu tío José Ferradás Pastoriza era un mariñeiro sindicalista de Beluso ao que lle interesaba moito a política e que estivo implicado durante a República. Tras unha fuxida da súa vivenda, a familia soubo posteriormente que estivera en Francia e despois como soldado traballador ata que os alemáns lles puxeron a todos os españois o símbolo de apátridas e os enviaron ao campo de Mauthausen – Gusen.

En canto a Manuel Rey Cruz, o seu avó traballaba na pesca en Alxeciras e dende o golpe de estado enrolouse nun barco dende o Mediterráneo ata Francia, onde foi acollido por unha familia ata que despois o levaron para o campo de concentración.

Publicacións Relacionadas